Festa do Entroido
O Concello de Viveiro presentou, xunto á nova Comisión de Festas de Viveiro, a súa Festa do Antroido 2025 para recadar fondos de cara á celebración das patronais. O evento terá lugar o día 3 de marzo, luns, nos xardíns Noriega Varela, no marco das celebracións do Entroido no municipio. A apertura de portas será ás 20:00 horas. Haberá cea ás 21:30 e a continuación un concurso de disfraces e mais baile, amenizados ambos por Juanjo Music. O Concello colabora aportando a carpa para a celebración.
Será a primeira destas festas organizada pola Comisión Viveiro en Festas, creada recentemente por xente nova da localidade para organizar as festas patronais logo de varios anos nos que esta responsabilidade recaeu no Concello. Aínda hai prazas dispoñibles, polo que será posible inscribirse na cea ata o martes 25 de febreiro contactando co número de...
leer más