Teatro do Noroeste
Teatro do Noroeste representa a obra titulada Guerra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, en Ribadeo este domingo, día 2 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.
A sinopse é a seguinte: “nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución”.
Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez son os intérpretes de Guerra, que conta coa dirección musical de Bernardo Martínez, a...
leer más