Corresponsabilidade

17/01/2025

O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de “promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal”. O prazo para anotarse remata o día 31 de xaneiro.

Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesións de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade; cociña básica e saudable e conservación de alimentos; organización e planificación de tarefas domésticas; iniciación á costura e reparación básica de prendas; limpeza e organización do fogar, lavado, dobrado e planchado de roupa; autocoidado persoal e hábitos saudables.

... leer más