Trasnos
21/11/2024
O pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño, de Ribadeo, acolle este domingo, 24 de novembro, desde as 11 da mañá dúas xornadas da Liga Regular Prebenxamín de hóckey liña.
Na cita participarán equipos chegados da Coruña, de Lugo e de Ourense. No pavillón mediranse os Rollers, os Tiburóns, os Lóstregos, Meigas e Brigantiums e os Trasnos, de Ribadeo.
O evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, Deporte Galego e Xunta de Galicia.