Cubelas
06/09/2024
A parroquia ribadense de Cubelas celebra a súa festa na honra á Virxe das Dores o día 21 de setembro.
O sábado 21 terá lugar a III Comida de Produtos da Horta e Gandeiría do Rural de Ribadeo. Ás 12:30 horas haberá unha misa solemne e procesión seguida de sesión vermú co Dúo Matices.
Ás 15:00 horas comezará o xantar cun menú composto por fabada, tenreira asada con guarnición e patacas, postre, café e bebidas. O prezo para os adultos é de 26 euros e para @s nen@s (de 3 a 10 anos) de 13€.
Ás 19:00 horas dará comezo a sesión de tarde co Dúo Matices e o Grupo Lecer. Ademais haberá inchables para os máis cativos, sorteos e sorpresas para os asistentes.
Colaboran na organización destes festexos: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.