Camino Casabella

04/09/2024

Este venres, día 6 de setembro de 2024, ás 19:15 horas na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro (Praza Maior, s/n), terá lugar a inauguración da mostra titulada “Heroínas de tódolos días”, unha serie de pinturas de Camino Casabella, acompañadas de textos, escritos tamén pola artista, organizada en colaboración co Concello de Viveiro. Poderase visitarse os días 6, 7, 13 e 14 de setembro.

En palabras de Camino Casabella: “esta é a miña homenaxe a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día. Decidín poñelas en primeiro plano, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro. A lista destas mulleres é diversa e infinita. Xente guapa coma Sinéad O'Connor, Carola Rackete, Rosa Parks, Fernanda Arrojo ou Vero Boquete, entre moitas outras. A súa resistencia fronte a actitudes...

leer más