Santa Mariña

09/07/2024

A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebrará as festas de Santa Mariña, coñecida popularmente como “avogada das verrugas”, esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo trío Zafiro.

O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena dese día xunto á disco móbil Conxuro.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú prolongada co trío Karma.