Fauna

Etiquetas:
08/04/2024

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), en colaboración coa Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo e o Concello de A Pontenova, organizan un curso sobre prevención de ataques da fauna silvestre, no que se falará do comportamento da fauna silvestre, dos sistemas de protección e de como facer peches eficaces, cunha parte teórica e unha parte práctica. Será o venres 26 de abril desde as 09:00 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.

O curso é de balde e está aberto ó público en xeral. Para asistir é preciso anotarse a través do correo ovica@ovica.org ou ben do teléfono 669.128.946.