Dixitais
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta nos vindeiro meses de novembro e decembro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. Serán os últimos antes de que remate o programa da Rede de Centros de Capacitación Dixital.
O primeiro é de nivel básico e comezará o día 18 de novembro para rematar o 29 deste mes. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase do 9 ao 20 de decembro. Ambos os dous impartiranse de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais...
leer másO Concello de Foz recibiu na mañá de hoxe, martes 22, o autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D. Está situado diante da Casa do Concello dende hoxe, martes 22, ata o xoves 24 en horarios de 12 a 14 e de 15.30 a 20.30 horas para todos aqueles que queiran visitalo.
A concelleira de Participación Cidadá, Elena Martínez Pena, mostrouse “moi contenta por esta campaña que vai acoller a moitos rapaces e persoas de calquera idade que queiran aprender sobre novas tecnoloxías e familiarizarse co mundo dixital”.
O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que estivo na presentación da actividade con Martínez Pena, cre “moi importante o contacto de todos coas novas tecnoloxías, que son o presente de todos e esta actividade é un moi bo modo de relación entre xeracións”.
... leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora de novo na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres #Galegas Dixitais.
O edil Pablo Vizoso explicou que “esta formación vai dirixida a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, co obxectivo de mellorar as súas competencias informáticas de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e tamén reducir a fenda de xénero que existe no acceso e no emprego das novas tecnoloxías”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “o programa presenta un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado e está dividido en tres bloques, de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas; competencias dixitais avanzadas; e competencias...
leer más