Sustentable

21/09/2022

Ribadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable, unha mestura de feira de alimentación de produtoras e produtores agroecolóxicos de proximidade, de artesanía, espazos de exposición, de debate e de dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos. Haberá moita actividade musical e animación durante estes dous días, como se recolle no amplo programa”.

O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda...

leer más
20/09/2022

Medio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.  

A deputada Mónica Freire explicou que “se trata dunha iniciativa transversal dentro das liñas estratéxicas impulsadas dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo, xa que procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”.

“Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria. Actividades tan dinámicas como o propio Festival Eo de Alimentación Sustentable ou proxectos como a...

leer más