Aquí coma en Viena

18/12/2014
A Banda de Música Municipal de Ribadeo estreará dúas obras no seu concerto , Aquí coma en Viena, que se celebrará o día 28 deste mes.

 

A Banda de Música Municipal de Ribadeo estreará dúas obras no tradicional concerto Aquí como en Viena, que se celebrará o día 28 deste mes, domingo, ás 20:30 horas no Cine Teatro ribadense con entrada de balde. O director da banda municipal de Ribadeo, David Ballester, explicou que "nestas datas, como sempre, chega o concerto Aquí como en Viena, que xa é un clásico da banda de Ribadeo. A diferenza do ano pasado, que fora un conto no que tocamos todo obras que desembocaban en Viena, nesta ocasión faremos unha pequena festa ao principio, na que haberá invitados internacionais e da nosa terra, e despois desembocaremos, como non pode ser menos, en Viena, coas polcas, valses e demais obras típicas deste concerto".

David Ballester destacou que nesta edición de Aquí como en Viena a Banda...

leer más