Alimenta

Etiquetas:
21/06/2022

O vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 19.00 horas no Espazo Apego da Casa de Cultura, de Ribadeo, terá lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sustentable do Eo. 

En dita presentación participarán persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: persoas produtoras, concellos, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, universidade e sindicatos agrarios. 

Pola súa banda, tamén asistirán representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sustentable do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro en diferentes espazos da vila de Ribadeo. “Dous días que aunarán ocio e concienciación en torno á alimentación de proximidade e agroecolóxica, a través de...

leer más