xusto

Etiquetas:
16/11/2021

O comercio xusto chega unha vez máis a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos. 

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, xa se realizou en Burela a feira Comercio Con Sentido de produtos de comercio xusto na Praza da Mariña o 22 de outubro. E agora vai ter lugar a representación da obra teatral “Vaia Tea!” na Casa da Cultura o día 19 de novembro ás 20:00 horas. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo. 

A representación teatral “Vaia Tea!” da compañía Xucrut Teatre pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión...

leer más
Etiquetas:
19/10/2021

O comercio xusto chega a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos. 

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, realízase en Burela a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que terá lugar na Praza da Mariña o vindeiro venres, 22 de outubro, entre as 11:30 e as 19:00 horas. 

Segundo explica a concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, “os e as asistentes á feira Comercio Con Sentido poderán achegarse á realidade que existe detrás dalgúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café. A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción,...

leer más