Duatlón
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro participou na presentación do campionato provincial escolar de duatlón “Cidade de Mondoñedo” que se celebrará esta fin de semana na Cidade Episcopal e no que se agarda contar con ata 120 participantes. A cita terá lugar este sábado, a partir das 16.00 horas con percorrido entre as rúas Vilalba e Viñas da Veiga.
Durante a presentación do campionato, estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o concelleiro de Deportes, Manolo Tapia, o xefe provincial do servizo de Deportes, Manuel Otero, entre outros, acompañados do delegado territorial da Xunta.
Programa xogade
Esta iniciativa forma parte do programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coas federacións deportivas...