Os días 24 e 25 de xullo terá lugar a Romaría de Sargadelos. Haberá música e pancetada e chourizada, entre outras actividades.

Os días 24 e 25 de xullo terá lugar a Romaría de Sargadelos. Haberá música e pancetada e chourizada, entre outras actividades.
 
A Romaría de Sargadelos, que se celebra os día 24 e 25 deste mes na honra de Santiago Apostol, foi presentada hoxe. No acto participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuel Méndez; e membros da organización dos festexos.
O venres 24 a partir das 14 horas haberá sesión vermú coa orquestra Emperadores, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Areal a partir das dez e cuarto da noite. E ás 3 da madrugada empezará unha sesión de DJs.
O sábado 25 ás 13 horas celebrarase misa solemne cantada poro coro parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo de gaitas Airiños do Xunco. Despois haberá sesión vermú co grupo Montreal. Para ás oito da tarde está programada unha pancetada e chourizada e ás dez da noite empezará a verbena co grupo Montreal e o dúo Kalima. Ás doce da noite haberá unha queimada popular a cargo de Nando Blas.