O X Festival Arreaocabo celébrase este sábado, 19 de setembro, en Celeiro. No seu cartel figuran Os Diplomáticos de Monte Alto e Remakers, entre outros.

O X Festival Arreaocabo celébrase este sábado, 19 de setembro, en Celeiro. No seu cartel figuran Os Diplomáticos de Monte Alto e Remakers, entre outros.
 
O X Festival Arreaocabo celébrase o sábado, 19 de setembro, dende as 21:30 horas na explanada de Lavandeiras, en Celeiro, Viveiro. O cartel deste ano está formado polos Diplomáticos de Montealto, Festicultoures Troupe, Bastards on Parade e os Revenidos e Remakers. Como actividade paralela ao festival, e para abrir boca aos concertos da noite, terá lugar ás 14 horas dese mesmo día na praia de Celeiro unha sesión vermú a cargo de Pauliña. 
A entrada ao festival  custa 6 euros e tanto a acampada como o aparcamento son gratuítos. A apertura de portas será ás nove da noite.