A Agrupación Socialista de Ribadeo pon en marcha actividades de interese xeral, coma un ciclo de charlas que incluirá temas relacionados coa saúde, facenda, iniciativa empresarial, acoso, igualdade, homofobia e transfobia, e outros que se irán incorporando ó programa segundo vaian vendo o interese e asistencia ás charlas. Este ciclo iniciarase o sábado 5 de marzo, con motivo da celebración do día da muller traballadora, con dúas conferencias de especial interese para as mulleres que impartirá o doutor Cristóbal Garfia, especialista en xinecoloxía e obstetricia con clínica en Burela. As dúas serán no salón de actos da Casa do Mar ribadense: unha para mulleres menores de 30 anos ás 18:30 horas e a outra para maiores desa idade ás 20 horas
Para celebrar esta mesma data os socialistas de Ribadeo presentarán un certame de relatos curtos dirixido a rapaces e rapazas que viven no concello ou que estudan nos centros municipais baixo o tema A Muller, para os máis novos; e Muller Traballadora, para os máis maiores.