Este xoves, 28 de abril, conmemoran en Xove o Día Internacional da Danza cunha serie de actuacións que terán lugar no Pavillón Municipal entre as 12:00 e as 13:30 horas.
Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o grupo cadete da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e a Escola de baile deportivo Gold Dance. Ademais dos organizadores o IES Illa de Sarón e o IES Marqués de Sargadelos, tamén asistirá alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e dos CEIP de Cervo e San Cibrao.
Colaboran con esta actividade as Concellerías de educación dos Concellos de Xove, Cervo e Ribadeo.