O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal levará a cabo durante o mes de novembro a segunda edición da campaña "Un mar de cultura: os nenos e o mar". Está destinada a escolares de 8 a 15 anos.

O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal levará a cabo durante o mes de novembro a segunda edición da campaña "Un mar de cultura: os nenos e o mar". Está destinada a escolares de 8 a 15 anos.
 
Neste mes de novembro o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, vai levar a cabo no seu ámbito de actuación, a segunda edición da campaña “Un Mar de Cultura: Os Nenos e o Mar”, que se presenta como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar entre os escolares, consolidándose como un complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. 
 
Como na súa primeira edición, “o noso principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria e secundaria das zonas da Mariña e de Ortegal ao entorno litoral, para que descubran “in situ” a cultura mariñeira, os recursos naturais, as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e as actividades económicas desenvolvidas polo sector pesqueiro dunha forma sustentable. Así mesmo, intentamos tamén que os escolares cambien a súa perspectiva sobre o respecto polo medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar”.
 
Esta campaña vai dirixida a escolares entre 8 e 15 anos, que terán ocasión de entrar en contacto coa cultura mariñeira a través dunha proposta variada de actividades: rutas a pé, obradoiros medioambientais, visitas á lonxa, ás Redeiras, a Museos do Mar, a Carpintería de Ribeira .… Ademais, os centros participantes que o desexen, recibirán unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira no noso territorio. A información mais detallada aparece no documento adxunto.
 
Para o desenvolvemento da campaña, o Grupo de Acción Costeira conta coa Asistencia Técnica da Empresa Maremasma. No seguinte enlace ao blog da campaña, podedes encontrar fotos e crónicas das visitas na súa pasada edición: