O Concello de Mondoñedo colabora coa ACIAM na organización do Gran Mercado de Nadal, que se celebrará os días 19 e 20 de decembro.

O Concello de Mondoñedo colabora coa ACIAM na organización do Gran Mercado de Nadal, que se celebrará os días 19 e 20 de decembro.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) na organización do Gran Mercado de Nadal 2015, que terá lugar o sábado 19 e o domingo día 20 de decembro, así como nas demais actividades promovidas por estas datas.
Outras actividades
O venres día 18 o auditorio municipal acollerá o concerto de Nadal ás 20:30 horas a cargo da Escola Municipal de Música Un mundo do Nadal. 
O sábado día 19 desde as 16:00 horas e ata as 20:00 horas o auditorio municipal acolle un taller de postais de Nadal e xogos infantís para os máis pequenos. O domingo día 20 ás 19:00 horas haberá teatro no auditorio municipal a cargo do Grupo Trípode. Representarán a obra Apedreando. A entrada será de balde.
O martes día 5 de xaneiro ás 19:30 horas celebrarase a cabalgata de Reis no auditorio municipal.  
Premios
Amais do mercado, Goberno local e ACIAM promoven unha campaña de premios con motivo destas datas na que haberá un sorteo de 20 vales de compra de 100 euros. Poderase solicitar a rifa ao realizar unha compra ou facer unha consumición nos locais asociados.
O sorteo levarase a cabo ante notario na Praza do Catedral o sábado día 9 de xaneiro a partir das 19:30 horas. Sortearanse os 20 premios seguidos agardando media hora ata que aparezan os agraciados. De non ser así, os premios quedarán desertos.
Para poder recoller o premio será imprescindible presentar o DNI e a rifa debidamente selada por un dos comercios asociados a ACIAM. 
A alcaldesa, a popular Elena Candia, remarca a importancia das campañas que incentivan o consumo na localidade e que ofrecen múltiples activades lúdicas e culturais pensadas para todos os públicos.