O Concello de Barreiros organiza unha viaxe ao Santuario de Covadonga, en Asturias. Será o 31 de marzo.

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe ao Santuario de Covadonga, en Asturias. Será o 31 de marzo.
 
A saída será ás 7:45 horas desde a praza do Concello. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Oficina de Turismo antes do 27 de marzo. O prezo é de 20 euros (inclúe viaxe e xantar). 
Os asistentes acudirán a unha misa no Santuario de Covadonga, visitarán á Santina e subirán aos Lagos, se o tempo o permite.