O carpinteiro de ribeira Fran Fra intervirá este sábado, 23 de maio, nunha tertulia en Viveiro, organizada por Pensamento e Sementeira.

O carpinteiro de ribeira Fran Fra intervirá este sábado, 23 de maio, nunha tertulia en Viveiro, organizada por Pensamento e Sementeira.
 
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo, intervirá o vindeiro sábado, 23 de maio, nunha tertulia programada dentro das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira.
A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo", o local de usos múltiples do Concello, na praza Maior de Viveiro. 
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Na tertulia deste sábado, 23 de maio, que dará comezo ás 19 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de ribeira. A entrada é libre até completar o aforo.