O 18 de outubro empeza o XXII Campionato de Tute Concello de Cervo. Dez son os equipos participantes neste torneo.

O 18 de outubro empeza o XXII Campionato de Tute Concello de Cervo. Dez son os equipos participantes neste torneo.
 
Este vindeiro martes, día 18, empeza a vixésimo segunda edición do campionato de tute Concello de Cervo. Foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o coordinador desta actividade, Félix Fernández.
 
O edil de Deportes anunciou que “un ano máis, e xa van 22 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo. É unha  actividade que se desenrolando nos locais hostaleiros e de asociacións do Concello de Cervo durante os últimos 22 anos. Participan un total de dez equipos, contando cada un deles con catro parellas máis os reservas, co que se achega a unhas cen persoas as que disputaran este consolidado torneo, que posiblemente sexa o máis antigo da provincia de Lugo e de Galicia e que se organiza ano tras ano”. 
 
José Ramón Soto explicou que “as partidas ou enfrontamentos realizaranse polo sistema de liga, ou sexa todos contra todos a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes. O campionato dará comezo o vindeiro 18 de outubro e prolongarase ata días antes do Nadal”.
 
O concelleiro de Deportes rematou comentando que “por parte do Concello de Cervo queremos agradecer a colaboración de todos os locais, hostaleiros sobre todo, e queremos facer fincapé na axuda que nos presta Félix Fernández Gómez, que leva o fronte deste campionato desde o seu inicio”.