A Deputada de Economía e Facenda,Mayra García Bermudez, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves no Concello de Viveiro a XXII Feira do Libro, que terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela, dende o sábado 11 de agosto ao mércores 15, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, a representante dos Libreiros de Viveiro, María del CarmenLage, o Delegado da Xunta, Jose Manuel Balseiro e a Concelleira de Cultura de Viveiro,LaraFernández-Noriega.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 eurosen colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Bermudezremarcou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre todos os públicos”.
Presentacións mariñáns
A Alcaldesa sinalou que a programación deste ano inclúe máis de 20 actividades entre as que destacan 6 sinaturas de libros, 12 presentacións de novidades editoriais, así como obradoiros infantís ou narracións para bebés. “A Feira do libro de Viveiro xa leva 22 edicións, unha boa sinal, que o convertenun evento cultural consolidado na programación de Feiras do libro na provincia. Ademais, este ano contamos con diversas presentacións mariñáns, como por exemplo as edicións deIslas San Ciprianius, de PabloMosquera; Hai Mulleres de Alfonso Otero Regal; Conserveiras de Celeiro, Carlos Nuevo e Vicente Míguez, ou a do pintor viveirense José Picado y Pérez”, sinalou Loureiro.
Por último convidou a todos os visitantes e veciños a achegarse aos Xardíns de Noriega Varela paradesfrutar dunha nova edición da Feira do Libro na cidade do Landro.
8stands con descontos
A XXII Feira do Libro de Viveiro inaugurarase o sábado 11 ás 19:30 horas co pregón infantil a cargo de Beatriz Díaz López, alumna do IES Vilar Ponte, e pregón oficial a cargo do escritor e xornalista Ramón Pernas. e do escritor e xornalista, Ramón Pernas. En total, haberá 8 casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros.Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial.
O horario será de12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.
Ademais, durante os cinco días haberá sorteo de exemplares entre todos os visitantes. As librerías participantes nesta edición son: Librería Pedrería, AENEA, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Porta da Vila, Seminario de Estudos Terras de Viveiro, Libraría Nobel Burela, Deputación de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que a Xunta de Galicia financia as feira do libro “no convencemento de que as rúas son o mellor espazo para incitar ao contacto coa literatura”. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 120.000 euros á Federación de Libreiros de Galicia mediante convenio para a organización destes eventos.
Balseiro participou hoxe na presentación da programación da Feira do Libro de Viveiro, que se celebrará entre os días 11 e 15 de agosto nos xardíns de Noriega Varela.
O delegado destacou que a feira inclúe actividades para todos os públicos que lle imprimen un gran dinamismo: “é moito máis que un gran mercado de libros -asegurou-, o que xa sería importante por si mesmo”.
Neste sentido, engadiu que estes espazos “favorecen o contacto directo cos autores, ofrecen espazo á música e ás outras artes, e prestan especial atención aos máis cativos incluíndo actividades infantís, porque o amor polos libros pode comezar mesmo antes de aprender a ler”.