A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron a XXI Feira do Libro de Viveiro, que terá lugarnos Xardíns de Noriega Varela, do sábado 12 de agosto ao mércores 16, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, e a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Porto subliñou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que
que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores”.
A Deputada de Cultura engadiu que “este ano haberá unha caseta máis que na pasada edición e, ao longo dos cinco días que durará a Feira, pasarán por aquí máis de 35 escritores e personaxes do mundo do libro”.
10 stands con descontos
A XXI Feira do Libro de Viveiro inaugurarase o sábado 12 ás 19:30 horas co pregón infantil a cargo de Andrea Dovale e da escritora Vanesa Santiago. En total, haberá 10casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros.Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover e difundir o evento por toda a provincia.
O horario será de12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.
Tamén haberá un sorteo de 200 exemplares entre todas as persoas que participen no concurso“Elixe aos teus favoritos”, votando o seu libro, escritor e librería preferidos. As librerías participantes son: Libraría Pedreira, Arigató Cartabón, Nobel Burela, Aenea, Cortizas, Gato Neghro, Porta da Vila e Seminario de Estudos Terras de Viveiro.