A Xunta de Galicia apoia as patronais na honra de Santa María do Campo de Ribadeo, que comezan a vindeira fin de semana, a través do patrocinio de concertos, espectáculos de animación na rúa e vídeo mupis informativos. Estes son algúns dos actos dun programa festivo que deseñou a comisión de festas, con quen hoxe mantivo unha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos.
Ademais, o delegado territorial sinalou que “na procura de ofrecer propostas para todos os gustos e variedade, e como antesala ao inicio das patronais, este venres promovemos o concerto de Baiuca”, que terá lugar ás 22.30 horas, na praza de España.