O campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo acolle o sábado, 22 de xullo, a celebración da LXVI edición do Trofeo Emma Cuervo.
Este torneo, que é o segundo máis antigo dos torneos de verán en España, enfrontará aos equipos de Segunda División CD Lugo e Real Oviedo. O encontro dará comezo ás 19:30 horas.
O torneo Emma Cuervo está organizado polo Ribadeo FC e colaboran o Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo e ACISA.
As entradas xa están á venda nos seguintes establecementos de Ribadeo: Rincón del Gordo, Bar Queimada, O Lar de Manolo, A Tapería, Costa Verde e Tasca A Curuxa. O prezo das entradas é de 15 euros para a xeral e de 5 euros para nen@s de 5 a 15 anos. Os menores de 5 entran gratis.