Unha xoia para outra xoia é o slogan da campaña deseñada por Acisa Ribadeo para celebrar o día da nai. A asociación sorteará 3 xoias entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro 3 de maio. A cita foi presentada polo vicepresidente de Acisa, Roberto Rivas, e polo xerente, Jesús Pérez.
Segundo indicou Roberto Rivas “o pasado ano non puidemos facer a campaña do dia da nai, debido ao confinamento domiciliario no que nos atopabamos, polo que este ano facémola diferente e dándolle máis importancia. Para iso sortearemos tres xoias de gran valor entre os clientes que merquen os seus agasallos para o dia da nai en Ribadeo desde mañá, 22 de abril, e ata o 3 de maio”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, explicou que “o único que ten que facer o cliente é cubrir as rifas que van estar á súa disposición nos comercios asociados co seu nome, apelidos e numero de telefono, e os establecementos custodiarán as rifas ata que o dia 4 o persoal de Acisa se achegue a recollelas para ese mesmo dia sortear os premios. As rifas para que sexan validas teñen que ir debidamente seladas por cada establecemento e non se establece compra mínima”.
E engadiu: “para levar a cabo esta edición especial do día da nai, que organizamos desde Acisa, contamos coa colaboración das tres negocios asociados: Xoiería Azabache, Pratería Gutié e Terra Branca, aos que queremos agradecerlles publicamente a súa colaboración. As bases pódense consultar na web de www.acisaribadeo.es ou ben escanando o código QR que atoparán nos carteis desta campaña coa nosa aplicación móbil Ribadeo Preto De ti.”
Pérez Prada dixo que “para aqueles que deixan todo para o ultimo dia, compre lembrar que en Ribadeo abrimos os domingos, polo que o propio dia da nai, o 2 de maio, se non te acórdache de facer ese agasallo que tiñas pensado facer, tanto se es de Ribadeo como se es veciña o veciña da comarca xa sabes que Ribadeo agárdate. Deixamos outro xornada a maiores, a do 3 de maio, por se houbo algún despiste e ese día hai que saír a mercar o agasallo para esa persoa especial”.
Roberto Rivas, vicepresidente de Acisa, manifestou que “as nais meréceno todo e quizais este ano mais ca nunca, entón qué mellor maneira que facerlle un agasallo mercado no comercio local de Ribadeo e que ademais pode ser premiado con unha fantástica xoia”.
E anunciou que “se todo vai como hasta o de agora, e non hai contratempos, a campaña do dia da nai terá algunha sorpresa mais para esa primeira fin de semana do mes de maio”.