Nas últimas horas foi presentada a Ruta Teatralizada “La Búsqueda del Mariscal”, que revivirá a historia do Mariscal Pardo de Cela visitando os lugares máis significativos da súa lenda. Está organizada por MariñActiva.
No acto, que se desenvolveu no hotel Vila do Val, no Valadouro, participaron Natalia Presa, xerente da empresa de servizos turísticos MariñActiva, que organiza esta ruta, así como representantes dos tres Concellos polos que circula a ruta: Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, Javier Castiñeira, alcalde de Foz, e Xabier Pardiñas, tenente de alcalde do Concello de Alfoz.
A ruta terá lugar os venres 14 e 28 de xullo e o 11 e 25 de agosto, partindo da Basílica de San Martiño a bordo dun autobús que levará aos asistentes polos concellos indicados. O custe da ruta son 5 euros e é necesaria a reserva previa no teléfono 683 40 18 65, posto que o aforo é limitado.