A romaría focega do Bispo Santo, a carón da ermida de San Gonzalo, celebrarase os días 14, 19, 20 e 21 de maio. Está organizada pola Asociación Civicocultural Obispo Santo.
O domingo 14 de maio ás 16:30 horas farase o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica ao monte da Grela e posteriormente haberá unha charla a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios.
Para o venres 19 está programada unha festa verbena amenizada polos grupos D´Cano e Fussión.
O sábado 20 as actividades empezarán ás 13:30 horas con misa e despois sesión vermú co grupo Ritmo Joven. A continuación actuará a banda de gaitas Dambara, de Burela, e ás 17:00 horas haberá un espectáculo infantil a cargo de Cé Orquestra Pantasma. Seguidamente a música correrá a cargo de Dj Litainer e a festa verbena estará amenizada polas orquestras Ritmo Joven e Charleston.
E o domingo 21 ás 13:30 horas haberá misa solemne e deseguido sesión vermú cos grupos Fénix e Louband.