Ribadeo acollerá o 27 de abril as finais provinciais de fútbol sala, que reunirán a máis de 200 xogadores

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “os dous pavillóns, o de Alfredo Deaño e o da Avenida de Luarca, serán escenario o vindeiro domingo das finais provinciais de fútbol sala nas categorías infantil, alevín e benxamín, nas que participarán arredor de 200 futbolistas”.

O edil ribadense comentou que “os partidos darán comezo ás 10 da mañá e a xornada rematará coa cerimonia de entrega de premios prevista para as oito da tarde”.

Silvent subliñou que “será unha grande xornada para o deporte provincial e para Ribadeo xa que, un domingo máis, un evento destas características contribuirá a dinamizar a economía local e servirá para dar a coñecer as nosas potencialidades turísticas”.

Na presentación das finais provinciais de fútbol sala participaron o alcalde, Dani Vega, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.