Bella e o Circo Máxico proxectarase, na súa versión en galego, ao aire libre na Praza de Santa María en Ferreira o 21 de agosto ás 21:30 horas. Entrada de balde. A película está orientada para público infantil/familiar.
Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Bela asombrará a todos con números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un novo veciño, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular.
Esta proxección chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.
En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Valadouro.