O espectáculo Cine Marabillas, de Raquel Queizás, presentarase en Alfoz o 28 de xaneiro, sábado, ás 18:30 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura.
É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “Ver para Ler. Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.”