Este domingo, 4 de agosto, celebrarase a Rapa das Bestas en Santo Tomé, en O Valadouro.
Dende primeiras horas da mañá procederase á baixada dos cabalos para o curro e entrarán no recinto sobre as 11:00 horas, tamén baixará o gando vacún. Despois terá lugar a rapa tradicional.
A partir das 12:00 horas e ata as 16:00 horas será o prazo para anotarse ás carreiras, ao tiro á corda e arrolamento de rolos. Haberá sesión vermú co Dúo Estrellas. Ademais desde as 12:00 ata as 15:00 horas poderán degustarse gratuitamente hamburguesas e chourizo de poldro, organizado por PuRaGa e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Pola tarde celebraranse os concursos con premios para as carreiras de galope con cabalos do país e con cabalos cruzados. Os primeiros de cada modalidade recibirán 90 euros máis trofeo, os segundos 60 euros e trofeo, e os terceiros 30 euros máis trofeo. Tamén haberá carreira de burros e o primeiro premio será 50 euros e o segundo un trofeo.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Valadouro, Deputación de Lugo e PuRaGa.