No mes de decembro a programación da Delegación de Cultura comezará co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9 ás 19:00 horas no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00 horas, o día 17 poderase desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras", con Brais das Hortas, e ao rematar farase a entrega dos premios do XXI Concurso de Postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Infantil, 1º ciclo de Primaria e 2º ciclo de Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras.
Rematará a programación cultural do mes en Alfoz con dúas tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro. Haberá inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas sorpresas divertidas.
Todas as actividades son de balde e de entrada libre e non é precisa inscrición previa en ningún caso.