O alcalde, Alfredo Llano, invita aos veciñ@s e visitantes a participar estes días nos desfiles procesionais para consolidar a Semana Santa burelesa, á vez que agradece o traballo feito polos organizadores.
O rexedor salientou que “en Burela se está a celebrar este ano a Semana Santa dunha forma moi intensa, se organizou con moito tempo e se está preocupando a xente de que salgan os actos interesantes e atractivos”.
Alfredo Llano relatou que “hoxe temos, ás seis e media, a celebración da última Cena e o Lavatorio dos pés, e despois a procesión da Oración da Horta das Oliveiras ás nove da noite. Ten un percorrido pola rúa da Igrexa, do Correo, Eijo Garay, Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e regreso”.
O alcalde subliñou que “este ano como novidade hai instalada unha carpa a carón mesmo da Igrexa, onde se poden apreciar todas as imaxes que van saír en procesión. Penso que é interesante ver todo isto porque é moi atractivo. A xente tanto de Burela como aqueles visitantes que estean estes días por aquí, desde o xoves ata a fin de semana, poden apreciar o que temos porque non é pouco. Está colocado ademais para que poida ser observado, apreciado e ao mesmo tempo valorado porque son unhas imaxes que foron facéndose pouco a pouco patrimonio da Semana Santa de Burela”.
Llano continúa explicou que “para o venres, ás seis e media, está prevista a celebración da Paixón do Señor na igrexa, e ás dez da noite hai outra das procesións interesantes de Burela que é a da Dolorosa “Os Caladiños”. Ten o percorrido pola rúa da Igrexa, Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Praza do Concello, Correo e regreso á Igrexa. Nesta procesión participa moita xente e é unhas das máis vistosas”.
O alcalde engadiu que “o sábado temos ás seis da tarde, a procesión da Virxe da Esperanza que sae da igrexa e percorre a rúa da Igrexa, Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Praza do Concello, Correo e á Igrexa outra vez. Todas as procesións teñen un percorrido suficiente para que o poida facer todo o mundo sen necesidade de grandes esforzos, polo tanto gustaríame que asistira moita xente de Burela a estas procesións. O sábado pola noite temos tamén unha vixilia pascual para a xente que queira participar”.
O rexedor burelés concluíu: “o domingo temos algo moi bonito e especial, vai ser ás once e cuarto da mañá, que e é a Procesión do Encontro onde está Xesús resucitado e a Virxe María e fan o encontro na rúa do Río. É moi espectacular, moi vistosa e moi participativa, hai moitísima xente alí ese día. Consideramos que é unha das boas procesións que temos aquí en Burela para pechar a Semana Santa deste ano”.
Alfredo Llano anima a participar na Semana Santa de Burela: “dicirlles a todos os veciños e veciñas de Burela que participen nestas procesións porque é bo que se vaia asentando a nosa Semana Santa e para iso hai que valorala e participando en todos aqueles actos que se poida. Son catro días, desde hoxe xoves ata o domingo, que espero que haxa moita xente por Burela que saia moi contenta, que aprecie o que hai, e que lle sirva de motivación para volver outro ano”.