Hoxe pola mañá, ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e ás 10:45 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón, cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos.
Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove. Os mesmos tiveron unha dobre finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.
Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
O vindeiro venres, 29 de setembro, ás catro da tarde será a presentación oficial do curso 2023-24 da Escola Municipal de Música de Xove. Será na sede en Palmeiro.