O 4 de setembro celebrarase en Riotorto e A Pontenova o Desafío do Ferro, unha marcha cicloturista organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.
Terá dúas modalidades, e-BBT (bicicleta de montaña eléctrica) e BBT (bicicleta de montaña). Ademais, os participantes poderán decidir entre dúas distancias: a marcha corta, de 30 quilómetros, e a marcha larga, de 50. É obrigatorio seguir o recorrido marcado, que será maiormente por pistas forestais e camiños.
A saída e a chegada será na Praza dos Fornos de A Pontenova, pasando durante o percorrido polo concello de Riotorto. Sairase as 9:30 horas, e terase ata as 15:30 horas para realizar o recorrido, quedando descualificado en caso de non chegar.
Na marcha poderán participar tódolos ciclistas federados e non federados de máis de 16 anos. As prazas están limitadas a 400, as persoas interesadas en participar poderán inscribirse na páxina www.ccnorte.com ata o 29 de agosto.