A concepción dramatúrxica da directora de Palimoco Teatro, Paloma Luxilde, e que xa adoptara hai anos coa obra O Público, sitúa aos espectadores e espectadoras no propio escenario. É por isto polo que o número de entrada é só para 25 persoas.
A función comezará ás 20.00 no Auditorio Municipal Hernán Naval e desde as 19.30 darase paso ao público por estrita orde de chegada ata completar os 25 asentos.
Esta función, de entrada gratuíta, está promovida pola Deputación de Lugo dentro do programa PROSCENIO.
“ONDE SITUAR A OBRA?
Presente en todo o poemario está por unha parte o faio da súa infancia e os tellados de Nova York. Partindo diso, creamos unha escenografía en 360 graos, onde estes tres personaxes poderían estar entre o faio da casa de Lorca en Granada e por outra parte nesas azoteas dos rañaceos neoyorkinos.
E como non, seguindo a liña do Teatro baixo da area de Lorca, queriamos que o espectador ou espectadora respirase co actor e coas actrices, canto máis cerca mellor, por iso o público está situado na propia obra , dentro dela, no espazo escénico , rodeando esa escenografía. Trátase dunha obra a 360 graos no que os personaxes se moven por todo o espazo incluíndo o público como parte fundamental, como quería o propio Lorca”.
Ficha artística:
ELENCO
Lorca/Forma: Raquel Velasco
Lorca/Traxe: Miguel Torres
Lorca/Cinza: Paloma Lugilde
EQUIPO TÉCNICO
Poemas musicados Carlos Díaz
Luz e son: Alfredo Sarille e David Regueiro
Deseño de espazos: Paloma Lugilde
Tradución poemario: Xoán C.Laxe
Fotografía: Mario García Herradón, Marcos Loopez, Adra Pallón Tradución dramaturxia e asesoramento
lingüístico: Rosa Moledo
Asistente de produción: Oscar Lago
Realización vestiario: Maite Abuín, CDG
Direccion e dramturxia: Paloma Lugilde