As pistas da Veiga (Cervo) acollen este venres, 25 de abril, unha nova xornada do programa Xogade

Cervo será escenario este venres dunha nova xornada do programa Xogade. As pistas da Veiga acollerán desde as 17:00 horas esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

O Concello de Cervo destaca que este evento deportivo é “toda unha oportunidade e atractivo para seguir contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico do concello. A cuarta e última proba celebrarase xa o 9 de maio. Xogade é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50% dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas.

Este programa ten como iniciativa levar a actividade a todos os concellos galegos, mentres brinda a todos/as os/as escolares galegos/as a posibilidade de practicar e competir con outros colexios e clubs”.