O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a actuación de Pinocús Teatro, o vindeiro sábado, 5 de decembro, ás 18:00 horas.
Conta a historia dun día calquera na estación de tren de Aquimesmo, onde unha billeteira ven e vai, un viaxeiro está decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo, outro viaxeiro non sabe moi ben a onde ir e unha viaxeira quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.
A obra é escrita e dirixida por José Campanari, e o elenco está composto por Ana Carreira, Carlos Rebolo, Carlos Coria e Marga Portomeñe.
A entrada será de balde e a reserva debe facerse no teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es.
A representación está incluída nos Seráns Teatrais da Deputación Provincial de Lugo.