
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este xoves, 11 de novembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Paula Carballeira Facer Memoria.
Trátase dun espectáculo-encontro entre a narradora oral Paula Carballeira e as persoas de Viveiro no que desaparecen os límites entre o palco e o patio de butacas, dándolles voz tamén ás lembranzas do público. Deste xeito, entre contos e conversas, inténtase facer memoria.
Colaboran na organización deste evento: Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e Rede de Dinamización Lingüística.