Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 8ª Festa da Empanada do 22 de abril ao 1 de maio.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar ata 45 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. Cada día ofreceremos entre 6 ou 7 distintas para a súa degustación”.
Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con bechamel e tropezóns de xamón york e queixo, de cebola caramelizada, de salteado de verduras con tofu ou rechea de escalibada con bechamel. E doces como pastelón de mazá, de cabelo de anxo, capricho de crema ou de queixo con marmelo.
Moncho Castro subliña que “aquelas persoas que do 22 de abril ao 1 de maio merquen empanadas ou pastelóns, tanto enteiros como en racións obterán un desconto do 10%. As compras poderán facerse en tenda ou vía online”. Os encargos realizaranse no teléfono 982 132 554, no whatsapp 648 448 157 ou en www.andurinafoz.com
A 8ª Festa da Empanada de Pastelería Anduriña, de Foz, inclúe unha exposición de homenaxe á Coral Polifónica de Foz, que a piques está de cumprir 40 años. Moncho Castro lembra que “todos os anos por estas datas organizamos unha mostra de fotos. E neste 2022 a protagonista vai ser a Coral Polifónica de Foz. Ata o mes de setembro poderanse verse arredor de corenta fotografías e como hai tantas imaxes despois do verán en setembro amosaremos outras tantas instantáneas mais, que estarán expostas no noso local ata a vindeira Festa da Empanada”.
Desde Pastelería Anduriña “animan á veciñanza de Foz e aos visitantes a saborear algún dos 45 tipos de empanadas que elaboramos na nosa pastelería e a beneficiarse dos descontos que lles aplicaremos estes días”.
Moncho Castro engade que “entre todas as persoas que merquen en Anduriña por importes de 15 euros ou máis sortearemos un vale de 150 euros en produtos do noso establecemento. O sorteo terá lugar a través de Radio Foz o día 3 de maio”.