A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta nocturna o vindeiro sábado, 21 de xullo.
O percorrido de 9 quilómetros, vai de San Cibrao a Burela. A organización comunica que o nivel de dificultade é baixo.
A saída será ás 22:00 horas da estación de autobuses de Burela.
Os participantes volverán andando de San Cibrao ata Burela, e ao remate haberá chocolate con churros no Hotel Nordés. A actividade é gratuíta para os socios e o prezo é de 5 euros para os non socios.
Para poder asistir é necesario inscribirse e as persoas interesadas poden facelo en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do 19 de xullo.