A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 17 de xuño, o Día do Socio facendo a subida ao Monte Castelo.
A ruta, de 10 quilómetros de percorrido, ten unha dificultade media. A saída está prevista para as 10:00 horas da Praza da Mariña.
No Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada servida por un cátering totalmente gratuíta para todos os asistentes que fagan a ruta.
Para poder asistir á comida é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves, día 15.