A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 3, 4 e 5 de febreiro.
A programación arrinca o xoves 2 de febreiro, Día da Patroa, cunha misa solemne ás 12:30 horas e seguida da procesión.
O venres día 3, a partir das 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestas Fania Blanco Show e Los Coleguitas, seguida do DJ Conxuro na disco móbil Level Show.
O sábado, tamén ás 12:30 horas, terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e sesión vermouth a partir das 14:00 horas coa orquestra Trébol, que repetirá pola noite a partir das 23:00 horas xunto ao Grupo Beatriz. A noite rematará ao ritmo do DJ Litainer.
O domingo ás 13:00 horas darase a última misa solemne, cantada de novo polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e rematará a festa coa sesión vermouth a partir das 14:00 horas da man do Grupo Fénix.
O campo estará cuberto cunha gran carpa que permitirá gozar da festa e adaptarse ás posibles condicións meteorolóxicas.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe o cartel da programación co membros da comisión de festas, Xoel Carreiras.
Dende o Concello de Cervo convidan a todos os veciños da parroquia e do municipio á festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga durante todo o fin de semana, cun programa repleto de actos.