A asociación Os Sendeiros de Foz programa unha ruta pola Serra do Viso, nos arredores da vila de Salas, en Asturias, para o día 12 de maio.
A saída será ás 7:00 horas de Ferreira, e ás 7:20 do Colexio do Pilar, en Foz.
As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es. O prazo remata o 8 de maio. O prezo é 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para os non socios, e está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa de que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Esta actividade está organizada polos Amigos do Rebollín de Salas, e ao remate haberá unha comida de confraternidade.
O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.