A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.