![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2022/current-datecustomm/andareiro_2.jpg?itok=6G4hO2x1)
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola costa naviega para o domingo 19 de xuño.
A saída será ás 8:00 horas de Foz e ás 8:15 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 13 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 25 euros para os socios federados; 29€ para os socios non federados; e 33 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.