Hoxe foron presentados os Trofeos Emma Cuervo, que organiza o Ribadeo FC coa colaboración do Concello e da Xunta. Ao acto desenvolvido esta mañá acudiron, entre outros, os concelleiros de Deportes e Obras, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
A 73 edición do Emma Cuervo Masculino terá lugar o 6 de agosto ás 19:00 horas. O trofeo será disputado entre o CD Arenteiro e a SD Ponferradina.
E a cuarta edición do Emma Cuervo Feminino celebrarase o 31 de agosto ás 18:00 horas. Xogarán o partido o Atlético Villalonga e o Real Oviedo Feminino.